Barrio Medieval:

Prerrománico, Románico e Gótico (Séculos X-XV)

Durante a idade media xorde a notación musical permitindo o desenvolvemento da música culta. Entre os séculos VI e XI os cregos cristiáns idearon sistemas de escritura musical para fixar e difundir a música litúrxica. A partir do século XI a notación de Guido d'Arezzo serviu tamén aos trobadores para transmitir as súas cancións e, ademais, permitiu o desenvolvemento da primeira polifonía. Os peregrinos que acoden dende toda Europa ante o sepulcro do Apóstolo Santiago, converten Compostela e Galicia en refulxente estrela, crisol musical e berce de trobadores.

Busca a música oculta en cada edificio.