As Guerras Napoleónicas e as políticas liberais desmantelan as rendas eclesiásticas propiciando a desaparición das capelas eclesiásticas. A burguesía toma o relevo e a música culta instálase nos salóns e teatros das cidades galegas, permitindo un renacer da impresión musical. Música e poesía convértense na vangarda do rexurdimento, expresión do nacionalismo político e cultural galego. Nas últimas décadas do século XIX aluméanse institucións musicais como orfeóns e bandas de música que van ter continuidade ata a actualidade.
Busca o compositor oculto en cada edificio.