Barrio do romanticismo

Seminario do Bispo Aguirre en Lugo

Salvado, Rosendo (Tui 1845-Roma 1900)

Rosendo Salvado y Rotea (Tui, 1 de marzo de 1814 - Roma, 29 de decembro de 1900), foi un clérigo hispano-australiano da orden benedictina, misioneiro, abade e bispo.
Fundou o mosteiro e a diocese de Nova Nursia en Australia Occidental. Está considerado como o introdutor do eucalipto en Galicia.
Pasou a súa primeira infancia en Tui; dende esa cidade, pasa ao mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, con 15 anos, onde destacou pola súa habilidade musical como organista, grazas á súa capacidade de aprendizaxe, unha actitude na que seu padre, Pedro Salvado, destacara como cantor da catedral de Tui. e pronunciou os votos en 1832, tras o que foi destinado ao mosteiro asturiano de San Juan de Corias, onde proseguiu os seus estudos de órgano (posuía excelentes dotes musicais).
En 1843, comezaría o futuro misioneiro de Salvado, iniciando ao ano seguinte as súas misións en Australia.
En novembro de 1899 fixo a súa última viaxe a Europa. No mes de decembro, en Roma, comezou a sentirse mal, sen que lograra recuperarse.
Faleceu na basílica de San Pablo Extramuros, e os seus restos foron trasladados a Nova Nursia, sendo sepultados nun sepulcro de mármore de Carrara situado baixo o altar maior da igrexa abacial.
Aínda que é famoso sobre todo pola súa faceta como botánico, Frei Rosendo Salvado foi un destacado organista. No Seminario de Tui se conservan varias partituras para piano.

Redacción e edición

Uxía Calvo Rodríguez, Ismael López Fojón CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://www.culturagalega.org/especiais/salvado/viaxe.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Rosendo_Salvado