Barrio do romanticismo

Kiosko da música de Betanzos (A Coruña)

Lens Viera, Enrique (A Coruña 1854-Lincoln, Argentina, 1945)

Compositor nacido en A Coruña o 17 de novembro de 1854. Alí recibiu clases musicais do músico maior de Artillería, don Felipe Bascuas, destacando pronto como concertista de piano. Cursou estudos de Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.
Sendo estudante universitario destacou organizando orfeóns, coros e rondallas, etc. Ao rematar a carreira estableceuse como farmacéutico en Santa Marta de Ortigueira, pero a súa vocación artística fíxolle abandoar este traballo. Compuxo varias pezas para canto e piano polas que era bastante coñecido en Galicia e en 1880 estrenou unha zarzuela “En la Playa”, con libreto de José Millán Astray.
Tras uns anos en Huelva dirixindo unha orquestra e un orfeón, foi chamado da Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela para dirixir o Conservatorio rexional, trasladándose a vivir a Santiago coa súa familia.
Aquí desenvolveu a súa labor, e impartiu clases musicais na Escola Normal e na de Sordomudos e Cegos. Organizou unha colonia escolar e unha banda infantil polo que foi agraciado coa Cruz de Caballero de la Real Orden de Isabel la Católica.
Compuxo varias pezas de música popular galega como “A Nenita” e puxo música a coñecidos poemas, como “Dúo” e “Salayos”.
Foi un magnífico concertista de piano con numerosas actuacións polos teatros das cidades galegas.
Querendo probar fortuna trasladouse a Argentina onde deu varios concertos na súa capital con gran éxito. Fixou alí a súa residencia ata que faleceu en xaneiro de 1945.
Retrato de Enrique Lens en los años 30 (Cortesía de Arturo Lens Closas - bizneto de Enrique).

Podes escoitar "Serenata para piano" de Enrique Lens Viera en http://www.youtube.com/watch?v=o08BwV6gnb0

Redacción e edición

Marcos Gómez Ares, Julen Martínez Galego, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com.es/2011/04/enrique-lens-viera-compositor-e.html
http://www.youtube.com/watch?v=o08BwV6gnb0