Barrio do romanticismo

Instituto de Ensino Secundario "Eusebio da Guarda" na Coruña

Castro González, José, "Chané" (Santiago de Compostela 1856-La Habana 1917)

José Castro González, "Chané", naceu o 16 de decembro de 1856 en Santiago de Compostela. Foi fillo dun recoñecido músico e virtuoso da guitarra, a cítara e a bandurra, polo que a unha idade temperá tamén tocaba con destreza ditos instrumentos.
Xa dende xove, Chané se inclinou pola composición e o canto polifónico. Foi nesta especialidade na que obtivo os mellores éxitos da súa carreira artística.
Na cidade herculina se lle concedeu unha cátedra na Escola de Belas Artes. Nesta cidade dirixirá o famoso Orfeón "El Eco", que anteriormente estivera baixo a batuta do tamén famoso compositor Pascual Veiga. Ao frente de “El Eco” obterá importantes galardóns.
A pesar da súa fama, que trascendía as fronteiras do estado español, en 1885 lle retiraron a súa cátedra. Esta inxusta decisión lle fixo emigrar. Foi así que, seguindo o camiño de moitos intelectuais da época se embarcou rumbo a Cuba.
Ao chegar a La Habana, os seus paisanos, coñecedores da súa valía intelectual e artística, lle encargaron a dirección do Orfeón "Ecos de Galicia". Foi en La Habana onde se fixo moi amigo dalgúns intelectuais galegos, poñéndolle música a moitos poemas, ademáis de compoñer un extenso repertorio.
En Agosto de 1907 regresou a A Coruña, obsequiado pola intelectualidade galega con un gran banquete, presidido por Emilia Pardo Bazán. Tras un breve período, voltou a La Habana, onde seguiu compoñendo e tocando.
A súa última composición foi "A lúa de Cangas", estreada polo orfeón Ecos de Galicia.
Morreu en La Habana o 27 de xaneiro de 1917 e os seus restos foron trasladados a A Coruña, onde chegaron o 4 de marzo, para ser enterrado no camposanto da cidade, contando o seu funeral cunha numerosa asistencia.

Redacción e edición

Jonathan Vila González, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://www.galizacig.com/actualidade/200103/lp_xose_castro_chane.htm