Barrio do romanticismo

Igrexa de Santiago en Vigo

Pacheco, José (1784-1865)

Xosé Pacheco (Mondoñedo, 15-12-1784 – 23-3-1865)
Músico e mestre de capela.
De nome Xosé Basanta Fernández Pacheco, en 1795 ingresou no coro de nenos da catedral mindoniense, onde foi instruído na formación musical.
En 1805 o cabildo enviouno a Santiago de Compostela a ampliar a súa formación co mestre Melchor López, de quen recolleu o gusto polos vilancicos galegos.
En 1808 substituíu ao mestre Santavalla e foi nombrado Mestre de Capela némine discrepante da catedral de Mondoñedo, cargo que ocupou durante case 60 anos.
D. José Pacheco foi mestre do insigne músico Pascual Veiga.
Docente, organista e compositor, entre as súas obras, máis de 300, destacan o seu Miserere escrito en 1805.
Compuxo música relixiosa, entre a que destacan varios salmos, dous Stabat Mater e dous Te Deum; música culta, con diversos motetes, e, sobre todo, vilancicos de Nadal, dos que 29, dun total de 150, están escritos en galego.
Pacheco emprega en muchas das súas sus composicións elementos do folklore galego.
Morre en Mondoñedo o 23 de marzo de 1865.
Unha das súas obras mestras, “O Plorans” continúa cantándose, a maioría das veces acompañado de música, na procesión da Soledade na Semana Santa mindoniense, sempre ante numeroso público asistente, o cal garda un respetuoso silencio.

Redacción e edición

Jonathan Teijido Guimarey
Adrián Trastoy Tojeiro
Bibliografía /Bibliography:
Ledo Cabido, Bieito (editor): ENCICLOPEDIA GALEGA UNIVERSAL. Vigo: Editorial Ir Indo, 2002.
http://musicadiz1812.es/compositor-pacheco-jose.html
http://www.blogoteca.com/doural/index.php?cod=63895