Barrio do romanticismo

Galerías da Avenida da Mariña da Coruña

Berea Rodríguez, Canuto (A Coruña 1836-1891)

Canuto José Berea Rodríguez. (A Coruña, 28 de xuñoo de 1836 — 24 de febreiro de 1891), foi un empresario, director de orquestra, violinista, pianista, profesor e compositor.
En 1854 abriu un almacén de música que destacou moi pronto pola riqueza dos seus fondos bibliográficos que dez anos despois acadaban os 30000 títulos de partituras, así como pola calidade dos instrumentos que vendía e a do taller de reparación de instrumentos.
Director titular da Orquestra do Teatro Principal (hoxe teatro Rosalía de Castro) dende 1862, o seu enorme prestixio cidadá foi un apoio fundamental para o establecemento das novas agrupacións. A súa autoridade musical como intérprete e como docente, foi recoñecida cos nomeamentos de Académico de San Fernando, Presidente de Belas Artes de A Coruña, Gran Cruz de Carlos III, etc. Chegou a ser conselleiro do Banco de España, da Sociedad de Crédito Gallego, Presidente da Cámara de Comercio, Vocal da Junta de Obras del Puerto, Alcalde de A Coruña en 1889, Deputado provincial, Presidente da Reunión Instructiva y Recreativa de Artesanos...
Se lle considera un dos pioneiros do orfeonismo galego xunto a Juan Castro "Chané" e a Pascual Veiga.
Compositor eminentemente popular, o seu catálogo abarca obras escénicas, sinfónico-corales, sinfónicas, para piano e cancións que se conservan na colección "Canuto Berea" da Biblioteca Provincial de A Coruña.
Entre a súas máis famosas obras cabe salientar, entre outras, La Alfonsina, muiñeira sinfónica dedicada ao Príncipe Don Alfonso.

Redacción e edición

Marcos Gómez Ares
Julen Martínez Galego
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com.es/2011/05/canuto-berea-y-cia-la-editorial-del.html
http://www.galegos.info/gl/canuto-berea