Barrio do romanticismo

Casa do Concello de Ourense

Enciso, Pascual (Mondoñedo 1805-Ourense 1873)

Compositor e mestre de capela nacido en Mondoñedo o 16 de Xullo de 1805.
Aos 11 anos é admitido como neno de coro na catedral da súa cidade.
En 1823 , con 18 años, solicita nesa catedral comezar estudos de órgano, tendo como mestre, presumiblemente, a Don José Pacheco.
Dous anos máis tarde, ordénase como monxe cisterciense e se traslada ao mosteiro de Oseira, donde exerce como organista e soprior.
Figura como mestre de capela da catedral de Ourense en documentos de 1853, e desa etapa tamén se gardan algunhas composicións no arquivo da catedral, o que demostra que permaneceu activo tamén como compositor.
É probable que durante todos estes anos non rompera lazos coa catedral de Mondoñedo e en concreto co Mestre Pacheco, como mostran as influencias nas súas obras da etapa en Oseira.
Finou o 9 de decembro de 1873, tras 20 años de traballo como mestre de capela na catedral ourensana, na que deixou unha abundante produción musical.
O máis notable da obra de Enciso pódese atoparse nas súas pezas en castelán, e as súas obras mostran a pervivencia dos vilancicos nas catedrais españolas.
Na súa produción só se atopan tres exemplos de vilancicos en galego.
Ademáis compuxo numerosas pezas relixiosas como Misas, Lamentacións, etc.

Redacción e edición

Xairo Calvo Pérez
Artur Infante Docampo
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/2016400.pdf