Barrio do modernismo

Templo Votivo do Mar en Panxón, Nigrán, (Pontevedra)

Quiroga, Manuel (Pontevedra 1892-1961)

Manuel Quiroga Losada (Pontevedra, 15/04/1892- 19/04/1969)
A súa familia incitouno a estudar violín, formándose en Madrid e París.
En 1904 ingresou no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.
En 1909 gañou o acceso a un curso de estudos avanzados no Conservatorio de París. En 1911, con tan só dezanove anos, obtivo o primeiro premio do Conservatorio de París, converténdose no segundo violinista español en conseguilo. En 1914 visitou Nova Iorque por primeira vez, ofrecendo concertos xunto ao pianista e director de orquestra JoséCubiles, ao violoncelistaCasaux, e á pianista francesa MarthaLehman, con quen casou en 1915.
A súa brillante carreira como concertista internacional viuse interrompida aos corenta e seis anos. En Nova Iorque, o 8 de xuño de 1937, tras despedirse de JoséIturbi en TimesSquare, despois de realizar un concerto xuntos, Quiroga foi atropelado por un camión, que lle provocou unha progresiva perda de forza no seu brazo dereito, que pronto se convertiu nunha parálise que lle impediu seguir tocando o violín a nivel profesional, a pesar dos seus tenaces esforzos por recuperarse. Durante este tempo adicouse a compoñer e a pintar.
O resto da súa vida pasouna practicamente confinado nun sanatorio de Madrid. En 1959 trasladouse á casa familiar de Pontevedra, onde continuou compoñendo ata o seu pasamento.
Foi nomeado Cabaleiro da Lexión de Honor francesa e recibiu a Orden de Alfonso X o Sabio española.
Como compositor escribiu varias ducias de pezas breves para violín e cadencias para moitos dos grandes concertos clásicos.

Redacción e edición

Sara Cruz Ledo, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://es.wikipedia.org/wiki/Manuel_Quiroga_Losada