Barrio do modernismo

Teatro García Barbón en Vigo

Soutullo, Reveriano (Ponteareas 1880-Madrid 1932)

Reveriano Soutullo (Ponteareas, 11/07/1880-Madrid, 29/10/ 1932) iniciou os seus estudos musicais da man do seu pai.
Aos 19 anos trasladouse a Madrid, onde ingresou no Conservatorio. Estudou alí tres anos de harmonía e composición con profesores como Arín y Fontanilla. Finalizou os seus estudos musicais cun Primeiro Premio de Composición, que non se lle adxudicara a ninguén nos últimos sete anos. Animado por este galardón, marchou ao estranxeiro, para ampliar os seus estudos en Francia, Italia e Alemaña.
En París conoceu a Debussy, Ravel e Saint-Saëns. Á súa volta estableceuse en Madrid, onde dirixiu o Coro “Rosalía de Castro”.
Logrou un notable éxito coas obras Puenteareas, Suite Vigo, as zarzuelas Amores de aldea, La Paloma del Barrio, La leyenda del beso, Encarna la misterio, La del Soto del Parraley, Las Maravillosas.

Redacción e edición

Aitor Fuentes Ledo, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://www.epdlp.com/compclasico.php?id=1338