Barrio do modernismo

Pazo de María Pita na Coruña

Baldomir Rodríguez, Xosé (A Coruña 1867-1947)

Xosé Baldomir Rodríguez (A Coruña 1867-1947), músico e compositor, é coñecido polas súas obras para canto e piano sobre textos de poetas galegos. Discípulo de Marcial del Adalid, chegou a exercer como director dos orfeóns “El Eco” e “El Brigantino” e de diversas orquestras.
En 1905 ingresou como académico de número da Real Academia Provincial coruñesa de Belas Artes; en 1922 na Real Academia de Belas Artes de San Fernando e en 1941 foi nomeado numerario na Real Academia Galega, onde ocupou a vacante de Indalecio Varela Lenzano.
Ademáis de compositor e director, desenvolveu diversas actividades de musicoloxía, colaborando con Ramón de Arana –Pizzicato- na recollida de temas tradicionais galegos para os Cantos y bailes populares de España, de JoséInzenga, e para o Cancionero musical popular español, de FelipePedrell.
Entre as súas obras, destacan as óperas A Virxe do Cristal e Santos e Meigas e as obras instrumentais Oratorio y Poema sinfónico.Musicó poemas de Rosalía ("Ti onte, mañán eu"; "Grilos e ralos"...), Pondal ("Monte Branco"; "Ten o seu punto a rosa"), Cabanillas ("Camiño da ermita"; "O cantar"...), Curros ("¿Cómo foi?"), etc.

Redacción e edición

Uxía Calvo Rodríguez, Ismael López Fojón, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
Bibliografía:
http://www.galegos.info/gl/jose-baldomir-rodriguez