Barrio do modernismo

Fachada telón do Teatro Jofre en Ferrol

Baudot Puente, Gregorio (Colmenar Viejo, Madrid, 1884-Ferrol 1938)

Gregorio BaudotPuente naceu en ColmenarViejo (Madrid), o 12 de marzo de 1884.
Realizou os seus estudos musicais no Conservatorio Madrileño acadando as máximas calificacións, obtendo os premios en Solfexo, Harmonía, Frauta e Composición.
Tras titularse en 1906, inicia unha carreira como frautista con xiras por América.
Tralo seu matrimonio en 1909, decide presentarse ás oposicións para a praza de Director da Banda de Música do Segundo Rexemento da Infantería de Mariña, con fondeadoiro en Ferrol, da que toma posesión en 1910. O resto da súa carreira vai a transcorrer en Galicia.
A súa obra compositiva, de marcado selo posromántico, inclúe dúas óperas, seis zarzuelas, tres escenas dramáticas, catro poemas sinfónicos, catro composicións para solista e orquestra, quince obras para banda civil e dez para banda militar, unha gran misa e sete pezas relixiosas máis, catro mostras camerísticas, tres lied, unha obra para piano, unha para coro, unha para rondalla e algúns exercicios escolásticos.
Nesta produción atópase frecuentemente unha utilización de melodías tradicionais de Galicia, Campo de Salamanca e Marrocos.
Ademais, Baudot realizou traballo de recollida de música tradicional en Galicia e Marrocos, conservándose seis anotacións galegas e non tendo localizado aínda o caderno de música moruna que lle serviu de base na zarzuelaZoraya.
Compuxo a ópera Cantuxa, as zarzuelasMari-Lorenza e Zoraya, os pasodobres Lugo-Ferrol e Os Fillos de Canido e o seu Album de bailes y canciones españolas (Sevillanas, La Malagueña y El Torero, Seguidillas Boleras, PetenerasJaleadas, Soleares de Arcas, Bolero, Caracoles, La Macarena).
O seu arquivo musical atópase na casa do seu fillo Gregorio Baudot Mansilla, en Ferrol, cidade onde faleceu o compositor o 4 de novembro de 1938.

Redacción e edición

Alba Blanco Pardo, AitorFuentes Ledo, Iria Otero Corral, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://www.funjdiaz.net/folklore/07ficha.cfm?id=179
http://www.galegos.info/gregorio-baudot-puente