Barrio do modernismo

Escolas Labaca na Coruña

Gaos Berea, Andrés (A Coruña 1874-1959)

Andrés Gaos naceu en A Coruña, o 21 de marzo de 1874, no seo dunha familia que cultivaba tradicionalmente a música.
De moi neno trasladouse a Vigo. Estudou violín con tanto aproveitamento que puido dar naquela cidade o seu primeiro concerto cando contaba dez anos de idade.
Aos seus 10 anos gaña un premio de violinista, consegue unha beca da deputación e é trasladado a Madrid. No Real Conservatorio madrileño puxo fin aos seus estudos de violín en 1888, merecendo as mellores calificacións e a felicitación dun gran mestre, da especialidade, JesúsMonasterio.
En 1888 volta á súa cidade natal. Ao ano seguinte emprende unha xira de concertos por diversos países europeos nos que foi moi afamado.
Unha vez acadada a maioría de idade, deixa Europa e se traslada a América. A partir de entón, as súas actividades artísticas terán como centro a capital arxentina.
Andrés Gaos foi, ante todo, un violinista excepcional. Gaos deu concertos e recitais en toda América e tamén en Europa. Desempeña a cátedra de violín superior no «ConservatorioWilliams», de Buenos Aires, e compón.
Escribe moito, o mellor da súa produción, nas primeiras décadas do século. De entón son algúns dos seus poemas sinfónicos, a ópera Amor vedado, a Sonata para violín y piano, Op. 37, e os Aires gallegos, Op. 36, que foron gravados polo seu fillo.
En 1933 decide irse a vivir a Arxentina, país no que falece en 1959.
A súa música na primeira época podería ter influencia das correntes neoimpresionisas daquel tempo. Tamén pode notarse a influencia francesa de César Franck.

Redacción e edición

Jonathan Vila González, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
http://www.galegos.info/andres-gaos-berea
http://gl.wikipedia.org/wiki/Andr%C3%A9s_Gaos_Berea
http://gallegosmdq.blogspot.com.es/2009/06/andres-gaos-berea-coruna-1874-mar-del.html