Barrio do modernismo

Casa dos Fillos de A. Núñez en Betanzos

Arriola, José (Betanzos 1895-1957)

José Rodríguez Carballeira, máis coñecido como Pepito Arriola, foi un compositor e pianista nacido en Betanzos o 14 de decembro de 1895 e falecido en Barcelona o 24 de outubro de 1954.
Aínda que de orixe ferrolán, a súa vida transcorreu principalmente fora de Galicia.
Famoso pola súa condición de neno prodixio que ofrecía concertos dende os 4 anos de idade, tivo como mecenas á familia real, e a propia raíña María Cristina sufragou os gastos dos estudos musicais de Arriola en Alemania. Alí estuda no conservatorio de Berlín con Richard Strauss e toca coa Filharmónica desa cidade baixo a dirección de Nikisch.
Continúa desenvolvendo o seu traballo artístico e chegou a ser pianista do último kaiser, Guillermo II. Dende alí deu o salto aos Estados Unidos, onde ofreceu concertos nas principais salas, como o Carnegie Hall de Nova York, e realizou unha extensa xira por Cuba en 1910.
En paralelo á súa faceta de pianista desenvolveu unha labor de compositor, bastante descoñecida ata hoxe.
Os estudosos sospeitan que o groso do seu traballo como compositor se perdeu durante os bombardeos de Berlín na Segunda Guerra Mundial. Actualmente, e grazas ao traballo conxunto de persoas como Ramón Castromil ou Luís Mera e a Ruth Maltzanh, filla de Arriola, localizáronse diferentes partituras que agora ven a luz editadas de forma conxunta.
Algunhas das súas obras máis destacadas son Aurora, habanera (piano) de 1898,
Impresiones argentinas (piano)
Hommage à Manuel de Falla (piano), 1942. Postumamente se descubriron 11 obras escritas en Barcelona tralo seu regreso.

Redacción e edición

JonathanTeijidoGuimarey, Adrián TrastoyTojeiro,CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://www.rfgalicia.org/noticias/detalle/?idnoticia=50
http://es.wikipedia.org/wiki/Pepito_Arriola