Barrio do modernismo

Casa Rey na Coruña

Freire, Gustavo (Lugo 1885-1948)

Gustavo Freire Penelas (Lugo 1885-1948) iníciase no mundo da música da man do seu padrasto, ata que en 1907 ingresa no conservatorio de Madrid. Despois de sete anos preparándose, comeza a actuar en cafés para finalmente incorporarse como violinista na Orquestra Sinfónica Nacional.
Tras unha época desgraciada marcada polo falecemento da súa nai, da súa irmá e do seu padrasto, compón as rapsodias Festa na Tolda e Airiños.
Tras a guerra regresa a Lugo para dirixir a orquestra do Círculo das Artes, onde tamén da concertos e imparte clases de música.
En 1943 compuxo unha das súas obras principais: Non chores, Sabeliña, zarzuela galega con texto de Trapero Pardo. A súa música está caracterizada por un forte sentimento galego e pola influencia das formas antigas.
O auditorio municipal de Lugo leva o seu nome.

Redacción e edición

Sara Cruz Ledo, Jonathan Vila González, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://gl.wikipedia.org/wiki/Gustavo_Freire
http://www.solovoces.com/page.php?12