Barrio do modernismo

Casa Arambillet na Coruña

López Varela, Manuel (Lugo 1895-1950).

Manuel López Varela naceu o 31 de xaneiro de 1895 e chegou a ser un dos músicos máis grandes de Galicia e hoxe, tristemente, esquecido.
A súa obra estivo moi influenciada polo ambiente literario e musical de inicios do século XX. Traballou con diversas compañías de ópera e zarzuela de toda España, ata que tivo varios mestres que lle axudaron, como Baudot o Manolo Quislant.
Anteriormente, en 1921, foi director da banda de Albacete, e en 1928 director da banda Unión Musical de Liria (Valencia). En 1929 acude ao certame de bandas de Valencia. Desta maneira consegue un gran prestixio nos círculos musicais da época, sendo eloxiado por diversos tribunais.
Terminada a guerra, en 1944 é nomeado director titular da banda municipal de Madrid por concurso de méritos musicais. No seu concerto de presentación coa banda madrileña os eloxios da crítica madrileña foron unánimes.
A súa produción como compositor non é moi extensa pero sí o é a súa labor na transcrición e adaptación das partituras sinfónicas para o arquivo da Banda, entre as que destacan a Tocata y Fuga en re menor de Bach, Pinos de Roma de Respighi ou El pájaro de fuego de Stravinsky.
Antes do seu falecemento, recibeu numerosos nomeamentos, como socio de honra do Círculo de Bellas Artes de Madrid (1945), socio de honra do Orfeón Galego de Lugo (1927), fillo predilecto de Lugo (1947), Batuta de Oro y Brillantes de Albacete (1947), entre outros.

Redacción e edición

Marcos Gómez Ares, Julen Martínez Galego, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/09/02/5073099.shtml
http://213.4.104.210/bandaMunicipal/historia_audiovisual/crono_12_1944.html