Barrio das cécadas

Unidade vecinal do Barrio das Flores na Coruña

López García-Picos, Carlos (Betanzos 1922- Oleiros 2009)

Carlos López García-Picos, nacido en Betanzos o 19 de outubro de 1922 e falecido en Oleiros o 23 de decembro de 2009, foi un compositor galego, principal impulsor, socio e membro de honra da Asociación Galega de Compositores.
Carlos López García-Picos naceu na Cidade de Betanzos Betanzos (A Coruña), será o seu pai, José Antonio López Picos, quen lle inicia nos seus estudos musicais e na interpretación do requinto (xa que non lle alcanzaban os dedos para tocar o clarinete) nunha pequena orquestra de seis instrumentos de vento coa cal percorría a comarca betanceira amenizando as súas festas. Posteriormente, ingresa na Banda Municipal de Betanzos, circunstancia que coincide co inicio da Guerra Civil, durante a cal o seu pai se viu obrigado a emigrar a Arxentina. Tamén el embárcase cara a Arxentina en febreiro de 1940 onde inicia a que el mesmo definiu como “segunda etapa da súa vida”.
En Arxentina prosegue os seus estudos musicais con Lorenzo Serrallach e Jacobo Fichner. En 1956 estrea no Teatro Colón de Buenos Aires o ballet “La farse de la búsqueda” realizado en colaboración con Emilio Terraza. Gracias ao éxito acadado por esta obra obtén unha beca da Embaixada Cultural Francesa que lle permite viaxar repetidamente entre 1956 y 1964 a París; alí estudia composición no Consevatorio con Tony Aubin e Darius Milhaud e na Schola Cantorum orquestración con Pierre Wissmer e dirección de orquestra con Leon Barzin.
Desde 1964 ocupa diversos cargos na Asociación de Jóvenes Compositores de Argentina e realiza estreas de obras de cámara. Entre a súa obra sinfónica destaca o ballet “Sindy” estreado en 1976 pola Orquestra Sinfónica de Buenos Aires, e escollida para representar a Arxentina nos Encontros de Música Contemporánea da UNESCO na sede de Nacións Unidas.
Despois desta esciltilante traxectoria regresa a Betanzos en 1984 entrando en contacto con varios compositores novos galegos cos que funda en 1987 a Asociación Galega de Compositores, AGC, da que foi presidente durante os primeiros anos da súa andaina, e posteriormente Socio de Honra. En Galicia recibiu encargos das principales orquestas e conxuntos de cámara. Feneceu en Oleiros (A Coruña) aos 87 anos de idade.

Redacción e edición

Luciano Gallo & Albert Alcántara, 4º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía / Bibliography :
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=L%F3pez%20Garc%EDa-Picos,%20Carlos&nar1=141
http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_L%C3%B3pez_Garc%C3%ADa-Picos
Foto: http://es.wikipedia.org/wiki/Carlos_L%C3%B3pez_Garc%C3%ADa-Picos

Para escuchar / Para escoitar / For listen
“Sindy” (ballet), Orquesta dos Conservatorios de Música de Galicia, Maximino Zumalave (dir). Grabación incluida en el disco “Presenzas e ausencias”. Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2008.