Barrio das cécadas

Teatro Colón na Coruña

Porta Siso, Milagros (A Coruña, 1918- Madrid, 1971)

Milagros Porta Siso (A Coruña, 1918- Madrid, 1971), coñecida como Mili Porta, foi pianista, compositora e directora de orquestra e de coros. Comezou moi nova a tocar o piano, aprobando a carreira deste instrumento no Conservatorio de Madrid aos 14 anos. Con tan só dezaseis anos dirixiu a Agrupación Ofelia Nieto de A coruña para representar no Teatro Rosalía de Castro a zarzuela La fama del tartanero. Durante algún tempo continuou acompañando esta agrupación como pianista e directora.
Posteriormente trasladouse a Madrid para ocupar unha praza de Auxiliar Interina de Solfexo no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, para pouco despois ser nomeada Profesora Especial de Música e Declamación e en 1962 Catedrática de Solfexo. En paralelo dirixiu a coral Alalá de Veiga, labor que compaxinaba coa composición de obras como o lieds Padrón ou pezas corais como Pazo de Veiga.
As súas brillantes composicións, as súas múltiples actuacións, como pianista e directora, e o seu labor investigador fixérona merecedora da Orde de Alfonso X o Sabio con tan só 34 anos.
Despois do seu falecemento estreáronse algunhas das súas obras, entre elas a zarzuela A Represa e ou Río con letra de Antón de Santiago que finalmente se estreou no Teatro Colón da Coruña (17 de xaneiro de 1983) e pouco despois na Praza da Quintana en Santiago.

Redacción e edición

RC