Barrio Medieval

Catedral de Tui

Don Dinís (1261-1325), Rei de Portugal

Naceu en Lisboa o 9 de outubro de 1261 e feneceu en Santarem o 7 de xaneiro de 1325. Foi coroado rei de Portugal en 1279 e casou con santa Isabel en 1282. Foi un monarca influínte no ámbito político, intervindo como árbitro entre os reis de Castela e Aragón. Tivo moitos amoríos e prole ilexítima; os dous últimos trobadores galaico-portugueses son fillos extra matrimoniais seus. Consérvanse 138 dos seus poemas, destacando polo seu número as pastorelas e as cantigas de amigo en dísticos paralelísticos e leixa-pren, típica dos xograres.
En 1990 no Arquivo Nacional da Torre do Pombo en Lisboa, o profesor Harvey Leo Sharrer atopou formando parte da encadernación dun libro do século XVI, un fragmento de pergamiño coa notación musical de 7 cantigas de Don Dinís. Este fragmento denominouse “Pergamiño Sharrer” (foto).

Redacción e edición

JPB
Bibliografía / Bibliography:
Alvar, Carlos y Vicente Beltrán: "Antología de la poesía gallego-portuguesa". Madrid: Alhambra, 1989, 385-389.
http://es.wikipedia.org/wiki/Pergamino_Sharrer

Foto / Photo:
http://es.wikipedia.org/wiki/Pergamino_Sharrer

Para escuchar / Para escoitar / For listen
http://www.youtube.com/watch?v=CkzqAH8y0uY

Don Pedro de Portugal, Conde de Barcelos (1289-1354)

Don Pedro era fillo bastardo do Rei Don Dinís quen lle concedeu o condado de Barcelos. Perdeu a protección real e foi desterrado por colaborar con o rebelde Don Afonso e instalouse en Castela. Regresou a Portugal en 1319 pero permaneceu apartado da vida política. Consérvanse catro cantigas súas e participou na redacción da obra historiográfica “Nobiliario”. A data da redacción do testamento de don Pedro en 1350 constitúe o límite cronolóxico final da poesía trobadoresca galego-portuguesa; mediado o século XIV iniciase o afastamento entre as linguas de Portugal e Galicia que dará lugar ao portugués e ao al galego respectivamente.

Redacción e edición

JPB
Bibliografía / Bibliography:
Alvar, Carlos y Vicente Beltrán: "Antología de la poesía gallego-portuguesa". Madrid: Alhambra, 1989, 390-393.
Tavani, Giuseppe: “A poesía lírica galego-portuguesa”. Vigo: Galaxia, 1988, 9-14.