Barrio Medieval

Castelo de Pambre

Alfonso x "El Sabio" (1221-1284), Rey de Castilla y León

Rei de Castela e León que viviu a súa infancia en Galicia e que patrocinou e dirixíu a compilación y realización de máis de 400 cantigas dedicadas á Virxe. Trátase dun compendio lírico frotio dun proceso de creación literaria, musical e miniaturística.
As "Cantigas de Santa María" son excepcionais en moitos aspectos. No son unha escolma senón unha obra orixinal global dos músicos da corte de Afonso X "O Sabio", creado "ex profeso" como "corpus unitario" do que se conservan catro copias non todas completas. A obra consta de 413 cantigas que sustitúen o amor cortés pola devoción piadosa a Santa María como "amante ideal". A obra presenta unha coidadosa organización: cada 10 cantigas de milagre hay unha de loor. Comparte co gregoriano as escalas e a escritura monódica, ainda que as ilustracións do Códex Rico de El Escorial indican que se interpretaban por un nutrido grupo de músicos vocais e instrumentais. Esta obra supón un símbolo da "koiné" cultural da península ibérica durante a idade media. Pola súa reiteración destaca o uso da estructura de zéjel, villancico ou virelai, moi usado na poesía andalusí.

Redacción e edición

Sara Rodríguez Vigo 3º ESO, IES As Telleiras, Narón (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía / Bibliography:
Alén, Mª. Pilar: "Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos". Vigo: A Nosa Terra, 1997.
López Cobas, Lorena: "Historia da música en Galicia". Sarria (Lugo): Ouvirmos, 2013.
Pérez Berná, Juan: "Historia da Música. 3º ESO". A Coruña: Baía Edicións, 2002.


Para escuchar / Para escoitar/ For listen:
"Santa María estrela do día" CSM 100, Grupo "O Son de Otero" (2º, 3º 4º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo de A Coruña), Juan Pérez Berná (director). 2005.