Barrio Medieval

Casa Gótica

Códax, Martín (aprox. segunda metade século XIII)

Apenas consérvanse datos del. Só se sabe que puido estar vinculado a Vigo, pola ambientación temática das súas “cantigas”. Nelas é a voz dunha muller (voz feminina finxida, pois os autores eran homes) a que manifesta os seus sentimentos ou estado de ánimo, normalmente en relación co amor ausente. As cantigas interprétanse posiblemente cunha soa voz (dun home, unha cantareira ou un rapaz) cun sinxelo acompañamento instrumental.

Redacción e edición

Tania Arias Cailleau 3º ESO, IES As Telleiras, Narón (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliografy:
Alén, Mª. Pilar: "Historia da música galega. Cantos, cantigas e cánticos". Vigo: A Nosa Terra, 1997.
López Cobas, Lorena: "Historia da música en Galicia". Sarria (Lugo): Ouvirmos, 2013.