Barrio Actual

Praza da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

Asociación Galega de Compositores, AGC (1987)

A Asociación Galega de Compositores, AGC, nace na Coruña o 22 de xuño de 1987 e integra a compositores e compositoras nados en Galicia ou residentes nela. Esta asociación sen ánimo de lucro ten como obxectivo defender os intereses grupais dos compositores galegos ou residentes en Galicia e aqueles aspectos da nosa cultura musical que repercutan no desenvolvemento da súa traxectoria, así como manter a memoria dos compositores históricos de Galicia, de quen son continuadores.
A Asociación Galega de Compositores, AGC, foi inicialmente constituida por (en orde alfabética) Jorge Berdullas del Río, Juan Durán, Carlos López García-Picos, Manuel Mosquera, Xavier de Paz, Paulino Pereiro e Juan Vara e na actualidade conta cunha treitena de asociados, todos eles de tendencias tan diversas coma a realidade actual da creación musical culta.

Redacción e edición

Alumnos de 4º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fuente / Fonte / Source:
www.asociaciongalegadecompositores.com