Barrio Actual

Domus na Coruña

Balboa, Manuel (A Coruña, 1958-2005)

Compositor e crítico musical (A Coruña, 1958-2005). A súa actividade musical desenvolveuna no mundo da creación para concerto, escena e cine. Cómpre destacar "Romeo o la memoria del viento" ou "Invención del día". Manuel Balboa é o compositor das bandas sonoras das películas de José Luis Garci "El abuelo" e "Canción de cuna".

Redacción e edición

Cristina Varela Ugarte & Paula Seoane Rodríguez 4º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013

Bibliografía / Bibliography:
Enciclopedia galega, tomo 4, página 197.

Foto / Photo
http://digital.march.es/clamor/en/fedora/repository/atm%3A767/JPG

Para escuchar / Para escoitar / For listen:
"Habanera", Luis Soto (flauta), Diego García (piano). Grabación incluida en el disco “Perspectivas”. Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2009.

Bivenis, Risardas (Lituania 1956)

Risardas Biveinis naceu en Lituania en 1956; en 1974 ingresou no Conservatorio Tchaikovski de Moscú acadando en 1979 os títulos superiores de piano, pianista acompañante e concertista. En 1986 obtén o posto de profesor de piano e acompañamento no Conservatorio Superior de Lituania. En 1991 é designado subdirector do Centro de Educación Musical de Lituania e en 1993, convértese en Decano da Facultade de Piano e Musicoloxía do Conservatorio Superior de Música de Lituania, cargo que exerceu ata o seu traslado a Galicia en 1999. As súas composicións foron galardoadas no “Concurso Internacional de Composición de Moscú” en 1984 e 1986 e máis no “Concurso W. Lutoslawski de obras para piano” de 1994; tamén publicou na editorial xermana Karthause-Schumulling o seu “Cuarteto de corda” (1985) e a “Sonata para piano segundo cadros de Pablo Picasso” (1989). Una vez establecido en Galicia incorpora ao seu linguaxe elementos da nosa música de tradición oral. Así ocorre nas súas obras realizadas dende 2007 entre as que figura “Variacións sobre a muiñeira de San Paio” para contrabaixo e piano.

Redacción e edición

Gabriela de la Fuente, Uxía Pena & Maricielo Araujo, 3º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fuente / Fonte / Sources:
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Pereiro,%20Paulino&nar1=146

Foto / Photo:
Rocío Chao

Para escuchar / Para escoitar / For listen:
"Cuarteto de corda", Artemis Ensemble. Grabación incluida en el disco "Ciclo XV da Asociación Galega de Compositores. Cuarteto de Corda". Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2010.

García, Nani (A Coruña 1955)

Nani García é compositor, músico e productor musical. Inicia a súa formación musical en composición y jazz en Suecia entre os anos 1976 e 1980 xunto con Mariano Cortéz (músico chileno da escola d Luciano Berio) e Uffe Sandberg (pianista de jazz da escena escandinava) ao tempo que cursa estudos de lingüística nas Universidades de Uspala e Estocolmo.
Xa de volta en Galicia forma parte de diversos grupos de jazz.
En 1983 recibe o Premio Especial Jazz á mellor composición no marco do Festival Internacional de Donosti, ao que lle seguen outros galardóns.
Nos anos 90 comeza a compaxinar a súa actividade como solista coa súa labor de productor músical e arranxista para diferentes artistas galegos e editorais nacionais e galegas. En 2001 cre a discográfica Xingra co músico Xabier Ferreiro.
No ano 2004 asóciase artísticamente a Miguelanxo Prado nun proxecto que se concreta na película de animación De Profundis do ano 2006, internacionalmente recoñecida. Este traballo permítelle introducirse de cheo na creación da música sinfónica, involucrando e potenciando máis a súa faceta de compositor. Ademais doutros traballos, como bandas sonoras de series e filmes, (Guante Blanco - TVE, El niño de barro) no 2009 estrea a opereta narrada para voz e cuarteto de clarinetes A Berenguela sobre un texto do poeta Manuel María.
Sen abandonar os ámbitos desenrolados ata o momento esta creación para clarinete baixo e orquestra de ventos encargada pola Banda Municipal da Coruña “O Factor Vento” augúralle a continuidade dos éxitos consolidándose como un artista galego con proxección universal con novos proxectos en cartela.

Redacción e edición

Alumnos de 3º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fontes / Fuentes / Sources
http://www.nanigarcia.com/index.htm

Foto / Photo:
http://www.nanigarcia.com/index.htm