Barrio Actual

Conservatorio Profesional de Música "Xan Viaño" de Ferrol

Viaño, Xan (Ferrol 1960-Vigo 1991)

Naceu en Ferrol o 11 de decembro de 1960 e morreu en Vigo o 26 de marzo de 1991.
Estudou música na súa cidade natal e nos conservatorios de Coruña e Santiago
de Compostela, e formouse en Xeografía e Historia na Universidade de Compostela en 1982. Acode a cursos con Horacio Vaggione, Cristóbal Halffter, Tomás Marco, Carmelo Bernaola, Daniel Teruggi, Josep Soler, Luis de Pablo, Jorge Peixinho, Álvaro Salazar e José Luis Temes. No verán de 1998 participou no curso de composición impartido por Franz Hummel nos Onternationales Jugendfetspieltreffen en Bayreuth (Alemania).
Entre as súas obras destacan “Los cisnes del lago Ontario” (1985), “Metamorfosis (homenaxe ao pintor Manuel Rivera)” para órgano que obtivo o Premio de Composición Cristóbal Halffter en 1985, “Músicas nocturnas para 5 instrumentos” (1986), “Preludio y Postludium a Cabalum” seleccionada na VI Tribuna de Jóvenes Compositores de la Fundación Juan March de Madrid, “In Memoriam G. C.” para conxunto de metais, encargo do Festival de Alicante de 1987, “Canciones sobre el Cementerio Marino” sobre texto de Paul Valéry, “Visións” para piano, “Nubes brancas” para orquestra de cordas e “Habibiamo fatto un bagno” para orquestra sinfónica.

Redacción e edición

Diego Vila Freire & Iván Candal, 3º Eso, IES ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fuentes / Fontes / Sources
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Viaño, Xoán (+)&nar1=164

Brotóns, Miguel (Alicante 1965)

Realiza os seus estudios musicais na Sociedade Musical “La Amistad” de Villafranqueza (Alacante) e nos Conservatorios Superiores de Alacante e A Coruña. Aos 18 anos obtén por oposición la praza de suboficial músico da Real Armada Española pasando a vivir en Ferrol. Posteriormente incorpórase tamén por oposición ao corpo de profesores de ensino secundario da Xunta de Galicia desenvolvendo un intenso labor en interpretación de dirección, docencia e composición musical. Como intérprete é membro do grupo de metais “Santa Cecilia”. Como director, produce espectáculos dirixidos a estudantes de Santiago de Compostela, Ferrol, Coruña e Vigo. Como docente, destacan os distintos artigos e traballos publicados na revista de investigación educativa (CFR da Xunta de Galicia) así como as unidades didácticas "Himno Galego" e "Aprender piano no instituto" publicado polo departamento de educación do Concello de Ferrol.
Como creador musical a súa obra é interpretada frecuentemente en certames e concertos por diferentes agrupacións sinfónicas, grupos de cámara e solistas de recoñecido prestixio en auditorios nacionais e internacionais: Palacio da Ópera de A Coruña, Auditorio de Galicia, Palacio da Música de Pontevedra, Palau da Música de Valencia, Teatro Principal de Alacante, Fundación Juan March de Madrid, Paraninfo da Cultura de Cheste (Valencia), Palacio Euskalduna de Bilbao, Centro Galego de Buenos Aires, Teatro Luís de Camoens de Lisboa, Auditorio de Dijon e Narbonne (Francia), Auditorio da Academia de Florencia, etc.
É membro titular da Sociedade Artística Ferrolana (SAF) e da Asociación Galega de Compositores.
A súa obra está editada por institucións públicas e privadas. Así como, gravada por Radio 2 RNE, Radio Galega e nos traballos discográficos “Perspectivas” da Xunta de Galicia e “Con música Propia” do Padroado de Cultura do Concello de Alacante.

Redacción e edición

José Luis Eiroa Dovao & Alejandro Ferreño Andreu, 3º ESO. IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fuente / Fonte / Source http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Brot%F3ns,%20Miguel&nar1=152

Foto / Photo
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/fotos//150_091109103915_1KXn.JPG

Para escuchar / Para escoitar / For listen
"Metáforas" (fragmento), Banda de Música Municipal de Silleda, X. Luis Represas (dir). Grabación incluida en el disco “Perspectivas”. Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2009.

Antonio Peña (Ferrol, A Coruña, 1959)

Redacción e edición

Para escuchar / Para escoitar / For listen:
"Locus Amoenus", Rafael Yebra (saxofón barítono) y electroacústica. Grabación incluida en el disco "Ciclo XV da Asociación Galega de Compositores. Conxuntos de cámara hetereoxéneos". Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2010.

García Ríos, Ermitas (Cedeira, A Coruña, 1973)

Comeza os seus estudios de Harmonía e Contrapunto con R. Rodríguez Camacho e no ano 1998 obtén a titulación superior de Solfexo e Teoría da Música no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ese mesmo ano trasládase a Suiza para cursar no conservatorio Superior Winthertur-Zürich a especialidade de Musiktheorie. Alí estuda principalmente con Gerald Bennett e participa en actividades organizadas polo departamento de Teoría da Música e Composición, con L. Berio, D. Schnebel, Ch. Czernowin, E. Nunes ou J. C. Risset, entre outros. Así mesmo intervén como poñente en seminarios organizados polo departamento de Musicoloxía da Universidade de Zürich, baixo a tutela do profesor H. J. Hinrichsen. Regresa a Galicia en abril de 2002 e a partir de entón dedícase á docencia en escolas privadas e conservatorios públicos. Dende o ano 2005 é profesora de Fundamentos de Composición, Harmonía e Análise no Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol. O seu catálogo autorizado non é moi extenso pero variado.

Redacción e edición

Alumnos y alumnas de 4 ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fuente / Fontes / Sources
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Garc%EDa%20R%EDos,%20Ermitas&nar1=156

Foto / Photo
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Garc%EDa%20R%EDos,%20Ermitas&nar1=156

Para escuchar / Para escoitar / For listen:
"Cinco intres lúdicos. I Alalá" para clarinete, violín, violonchelo y piano; Grupo Instrumental Siglo XX, Florián Vlashi (dir). Grabación incluida en el disco "Ciclo XV da Asociación Galega de Compositores. Conxuntos de cámara hetereoxéneos". Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2010.