Barrio Actual

Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela

Pereiro, Paulino (A Coruña 1957)

Paulino Pereiro é escritor e compositor de música sinfónica e de cámara, teatral e cinematográfica, cun amplo catálogo que, na actualidade, consta de 188 obras. A súa música interprétase en Galicia e tamén en diferentes países de Europa e América. Participou na creación da AGC da que foi presidente. Como poñente sobre temas musicais impartiu cursos para profesores, presentou unha ponencia sobre a creación musical na Universidade de Verán da Complutense e publicou artículos de prensa sobre este e outros temas. Recibiu dúas bolsas de creación musical da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galiza para a composición das obras “SÓS” e “Poema cíclico”.
Estreou varias obras sinfónicas entre as que salientan Sinfonía nº 1 “Paisaxes imaxinárias” Op. 62 , “O inferno de Dante” Op. 61, “Orfeo e Dionisos” Op 67, “Pequena suite para orquestra de corda” Op. 18 e “Vestimos as luvas á nosa alma” Op. 55.

Redacción e edición

Gabriela de la Fuente, Uxia Pena & Maricielo Araujo, 3º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña). Curso 2012-2013.

Fuentes / fontes / Sources:
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Pereiro,%20Paulino&nar1=146

Foto / Photo
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=Pereiro,%20Paulino&nar1=146

Para escuhar / Para escoitar / For listen:
“Cuarteto de corda nº 7, op. 203. Primeiro movemento”, Cuarteto Artemis. Grabación incluida en el disco "Ciclo XV da Asociación Galega de Compositores. Cuarteto de Corda". Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2010.

García Carril, Nemesio (Pousada, Sobrado dos Monxes, A Coruña, 1943)

Nemesio García Carril é especialmente recordado pola música que compuxo para a serie “Los Gozos y las sombras” de TVE; a súa traxectoria percorre diferentes facetas do eido musical, tales como a composición, a dirección, a docencia e a investigación, alcanzando en todas elas unha destacada relevancia. Segundo el mesmo manifesta, o desenvolvemento destas actividades constitúe o seu destino, de xeito que a súa vida e carreira musicais resultan absolutamente inseparables. Ambas trazan unha viaxe física e espiritual que percorre Sobrado, Compostela, Roma, de novo Compostela e a cabalo desta Madrid, Lisboa e finalmente Granada, onde reside actualmente. O seu catálogo musical inclúe música incidental para televisión e teatro, ópera e música escénica, polifonía coral, orquestral y música de cámara.

Redacción e edición

Alumnos de 4º ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Bibliografía / Bibliography:
PÉREZ BERNÁ, Juan: “Semblanza do compositor Nemesio García Carril: versatilidade e galeguismo” en Etnofolk nº XIII (febreiro 2009), p.117-150.

Foto / Photo:
Nemesio García Carril

Vázquez, Octavio (Santiago de Compostela 1972)

A música de Octavio Vázquez (Santiago de Compostela, 1972) foi interpretada por directores como C. Kalmar, H. Schellenberger, Víctor Pablo Pérez, Ulysses James, Maximino Zumalave, e Teri Murai, e solistas como Daniel Gaisford, Eldar Nebolsin, Viacheslav Dinerchtein, Jonathan Gandelsman, Nurit Pacht, Eric Jacobson, Jennifer Bleick, e Nicholas Cords. Recibiu encargos do New York State Council on the Arts, a Fundación Fulbright, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Meet the Composer, Guernica Project, e a Fundación Chi-Mei, entroutros. Festivais nos que ten participado inclúen a Kölner MusikTriennale (Alemania), o Prokofiev International Festival (Rusia), Camarissima International Festival (México), European Dream Festival (EEUU), e os festivais Via Stellae, AreMore, Espazos Sonoros e Música en Compostela (Galicia). Ponencias inclúen Hofstra University, Johns Hopkins University, The New School University e Texas Christian University (EEUU), XXXVII Congreso Internacional de Viola (Sudáfrica), Next Renaissance Conference (Holanda) e Universidade Carlos III de Madrid. Bolseiro da Fundación Barrié de la Maza, o Dr. Vázquez estudou no Conservatorio ‘Adolfo Salazar’ e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, e posteriormente no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore, e na Universidade de Maryland, College Park. Dende 1999 reside na cidade de Nova Iorque.

Redacción e edición

Alumnos y alumnas de 3 ESO, IES Ramón Otero Pedrayo (A Coruña), curso 2012-2013.

Fuentes / Fontes / Sources
http://www.octaviov.com/home.html
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=V%E1zquez,%20Octavio&nar1=162

Foto / Photo
http://www.asociaciongalegadecompositores.com/web/compositores.asp?var1=V%E1zquez,%20Octavio&nar1=162

Para escuchar / Para escoitar / For listen
http://www.octaviov.com/home.html

"Sonata nº 1 para violín y piano" (fragmento: segundo movimiento), Leonardo Blanco, Javier Otero (piano). Grabación incluida en el disco “Perspectivas”. Santiago de Compostela: Clave Records/Xunta de Galicia, 2009.